COMARCA DE LUGO

jueves, 28 de septiembre de 2017

A OFICINA DO GDR 04 - ADR COMARCA DE LUGO, PERMANECERÁ PECHADA O VENRES 29 DE SETEMBRO DEBIDO A CELEBRACIÓN DO SEMINARIO DE DESENVOLVEMENTO RURAL LEADER

lunes, 25 de septiembre de 2017

lunes, 18 de septiembre de 2017

REUNIÓN INFORMATIVA AXUDAS LEADER EN FRIOL


REUNIÓN INFORMATIVA AXUDAS LEADER EN RÁBADE


REUNIÓN INFORMATIVA AXUDAS LEADER EN CASTROVERDE


REUNIÓN INFORMATIVA AXUDAS LEADER EN GUNTÍN


REUNIÓN INFORMATIVA AXUDAS LEADER NO CORGO


A RESOLUCIÓN POLA QUE SE PÚBLICA O RESULTADO DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2 DA MEDIDA LEADER DO PDR DE GALICIA 2014-2020, PARA AS ANUALIDADES 2017 E 2018, ATÓPASE PÚBLICADA NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA OFICINA DO GDR 4 - ADR COMARCA DE LUGO

viernes, 11 de agosto de 2017

AXUDAS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL DO SECTOR COMERCIAL RETALLISTA

Para os efectos desta orde, considérase proxecto de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida.
Os proxectos de expansión comercial poderán basearse no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo.
En todo caso, os proxectos deberán responder a unha idea comercial innovadora, en que se reflicta a creación dun espazo comercial que ofreza ao consumidor unha experiencia única de compra, a través dunha coidada selección, presentación e exhibición do produto, dos servizos diferenciados que se ofrezan e da imaxe e deseño do local comercial, de tal forma que todos eles en conxunto transmitan a diferenciación do establecemento comercial como o principal elemento de valor.

O proxecto de expansión comercial deberá incluír un compromiso de contratación de persoal de, polo menos, un/ha traballador/a, por un período mínimo dun ano.

SUBVENCIÓN O ABEIRO DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

Este programa ter por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o a.no 2017 dos incentivos a contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.
Programa de incentivos á contratación indefinida inicial.
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

Prazo de presentación: 12/08/2017 - 02/10/2017. 

MAIS INFORMACIÓN >>>>




lunes, 12 de junio de 2017

VIII PREMIOS AGADER

 A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca a VIII edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural cara a potenciar un rural máis vivo.

MAIS INFORMACION >>


jueves, 8 de junio de 2017

XORNADAS DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DE AGADER

Agader estará presente nesta XL Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia este venres día 9 de xuño cunha xornada adicada a difundir as diferentes liñas de axuda e actuacións que se están a levar a cabo.

A apertura da xornada, ás 10 da mañá, correrá a cargo do director xeral de Agader, Miguel Pérez Dubois. Seguidamente una presentación de Agader como instrumento eficaz de desenvolvemento rural, os seus departamentos e liñas de axuda e actuacións. Despois explicaranse varios proxectos de éxito levados a cabo coa financiación das liñas de Agader. Calusurará a xornada a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, e os asistentes visitarán os stands de dous Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) que xestionan o Leader e que están presentes na feira.



viernes, 26 de mayo de 2017

BASES REGULADORAS SUBVENCIÓNS DA AXENCIA DE TURISMO RELATIVAS NORMAS UNE E MARCA Q CALIDADE TURÍSTICA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.








jueves, 25 de mayo de 2017

BASES REGULADORAS SUBVENCIÓN PARA A REALIZACIÓN AUDITORIAS ENERXÉTICAS E PROXECTOS AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS SECTORES INDUSTRIAL E HOTELEIRO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e hoteleiro, para o ano 2017 e 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417Y).


MAIS INFORMACIÓN >>


BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESA DE NOVA CREACIÓN

ORDE do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR807I).

MAIS INFORMACIÓN >>