COMARCA DE LUGO: LEADER
Mostrando entradas con la etiqueta LEADER. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LEADER. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de mayo de 2017

RÉXIME XUSTIFICACIÓN SUBVENCIÓN LEADER

Artigo 24. Réxime de xustificación

3. Os investimentos xustificaranse, para cada un dos gastos realizados, a través da seguinte documentación:
a) Facturas orixinais ou documentos probatorios de valor equivalente debidamente desagregadas por conceptos ou unidades de obra.
A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao que resulta do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
O GDR selará as facturas e indicará a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, tamén, neste último caso, a porcentaxe que resulte afectada pola subvención e, posteriormente, devolveraas ao promotor.
b) A documentación acreditativa do pagamento efectivo en favor dos acredores:
1º. Como regra xeral, presentarase o xustificante bancario de pagamento por parte do beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en conta, certificación bancaria, etc.) en que conste o concepto facturado e o número de factura, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

2º. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase copia do efecto mercantil, xunto coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.
3º. Os xustificantes de pagamento obtidos a través da banca electrónica deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente.
4º. Para os efectos da súa xustificación, no caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, estes deberán incluírse, xunto coa factura, nunha única solicitude de pagamento.
4. Tanto a data das facturas como a dos xustificantes de pagamento deberán estar comprendidas dentro do período de execución e xustificación dos investimentos, é dicir, a partir do día da solicitude de axuda (con excepción dos custos xerais vinculados ao investimento sinalados na letra e) do artigo 4 que poderán ser de data anterior) e ata a data límite de execución e xustificación dos investimentos que determine a resolución de concesión da axuda.
5. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas e conceptos de gasto do orzamento aceptadas por Agader na resolución de concesión da subvención e responder de xeito indubidable á natureza do proxecto subvencionado.


martes, 21 de febrero de 2017

APERTURA DA CONVOCATORIA DE AXUDAS LEADER 2014-2020: ANUALIDADE 2017-2018


 Beneficiarios:
       As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
       As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
       As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Tipoloxías xerais de proxectos subvencionables:
       Investimentos no sector da produción agraria primaria
       Investimentos en transformación e/ou comercialización de produtos agrarios
       Investimentos en transformación e/ou comercialización de produtos forestais
       Investimentos de diversificación de explotacións agrarias cara actividades non agrarias
       Investimentos de creación, modernización e/ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agraria
       Investimentos en proxectos non produtivos
Data final de admisión de solicitudes para a primeira proposta anual de selección de proxectos: 31 de marzo de 2017
As persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores; e tamén para as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades deberán presentar as solicitudes  por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As persoas físicas, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente no rexistro do GDR. 

Formularios a cumprimentar na fase de solicitude (Procedemento MR701D)
Anexo II: solicitude de axuda
Anexo III: resumo do proxecto e plan de empresa. (para proxectos produtivos).
Anexo IV: resumo do proxecto e plan de xestión. (para proxectos non produtivos).
Anexo V: orzamento.
Anexo VI A: relación de ofertas solicitadas e elixidas.
Anexo VI B: declaración sobre as ofertas solicitadas e elixidas.
  Obsevacións:
1.    Anexo III e o Anexo IV:  non están dispoñibles para a súa presentación por sede; polo que se deberá cubrir, imprimir e xuntar escaneado como documento asociado no momento da presentación.
2.    Anexo VI A: no caso de que os campos que figuran no modelo non sexan suficientes, se deberán cubrir tantos anexos como foran necesarios, imprimilos e xuntalos escaneados como documentos asociados no momento da presentación.
3.    Calquera solicitude (sexa por sede electrónica  ou presencial) que non conte como mínimo co anexo II (solicitude de axuda), anexo III ou anexo IV (resumo do proxecto e plan de empresa ou de xestión) e o anexo V (orzamento) dará lugar a un informe (ICE) desfavorable segundo o artigo 12.2 das bases reguladoras.
4.    Os promotores obrigados á presentación electrónica deberán achegar toda a documentación complementaria por sede electrónica, indicando código, órgano responsable do procedemento, número rexistro de entrada da solicitude e número de expediente se dispón del segundo o artigo 9.3 das bases reguladoras.
5.    No caso de erros na presentación electrónica, as persoas solicitantes deberán poñerse en contacto a través do 012 co grupo de soporte para notificar e tentar solucionar a incidencia.
6.    O prazo máximo previsto no Réxime de Axudas (artigo 12.1) para emenda e/ou achega de documentación complementaria por parte do promotor é de 10 días hábiles